Entrena Emprego Rural: apoio á busca de emprego para mulleres desempregadas

O programa Entrena Emprego Rural, impulsado pola Fundación Santa María la Real, ofrece acompañamento e formación gratuíta a mulleres desempregadas de concellos rurais galegos, como Boqueixón, para mellorar as súas oportunidades de acceso ao mercado laboral.

A segunda edición do programa desenvolverase do 14 de setembro ao 15 de decembro de 2026. Consta de dúas sesións grupais online á semana, de 09:30 a 12:30 horas, complementadas con sesións individuais adaptadas ás necesidades de cada participante.

  • Durante o programa traballaranse, entre outros aspectos:
  • Desenvolvemento de competencias e habilidades para o emprego.
  • Posta en valor das capacidades adquiridas durante as etapas de coidados.
  • Mellora das competencias dixitais e relacionadas coa transición ecolóxica.
  • Emprendemento no ámbito rural.
  • Reforzo da autoestima e da xestión emocional.
  • Creación de redes sociais e laborais para facilitar a busca de emprego.

As participantes contarán co apoio dun equipo especializado formado por técnicas de emprego, acompañamento dixital e intermediación laboral.

Aínda quedan prazas dispoñibles. Ademais, para as mulleres que non poidan participar no horario das sesións grupais ou teñan dificultades relacionadas coas responsabilidades de coidados, existe a posibilidade de establecer itinerarios personalizados e flexibles.

👉 Inscricións: Entrena Emprego – Galicia

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025