Situación de cumprimento
Este sitio web é parcialmente conforme co RD 1112/2018 debido ás faltas de conformidade e ás excepcións que se indican a continuación.Contido non accesible
Falta de conformidade co RD 1112/2018
- Parte dos documentos PDF publicados (actas, bandos, boletíns «Xanela») son documentos dixitalizados ou sen etiquetar, que non se poden ler correctamente cun lector de pantalla [requisitos 9.1.1.1 Contido non textual e 9.1.3.1 Información e relacións da norma UNE-EN 301549:2022].
- Algunhas imaxes de contidos antigos non teñen texto alternativo, ou teñen un texto que non as describe [9.1.1.1 Contido non textual].
- Os vídeos das sesións do Pleno non teñen subtítulos nin transcrición [9.1.2.2 Subtítulos (gravados) e 9.1.2.3 Audiodescrición ou medio alternativo (gravado)].
- Parte das noticias e páxinas publicadas antes do rediseño de 2026 teñen unha estrutura de títulos e de táboas incorrecta [9.1.3.1 Información e relacións].
- O mapa do concello na páxina de parroquias é unha imaxe dixitalizada. A información esencial (nome e datos de cada parroquia) ofrécese en texto na mesma páxina [9.1.1.1 Contido non textual].
Carga desproporcionada
Non se invoca carga desproporcionada.Contido que non está dentro do ámbito da lexislación aplicable
- Arquivos ofimáticos (PDF e outros) publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non son necesarios para procesos administrativos en curso.
- Contido multimedia pregravado publicado antes do 20 de setembro de 2020.
- Contidos de terceiros que non financia nin controla o Concello, como a sede electrónica doutros organismos, os vídeos e reprodutores de YouTube e as páxinas enlazadas.
- Mapas e servizos de cartografía en liña (por exemplo, os mapas das rutas). A información esencial de cada ruta (distancia, duración, desnivel e ficheiro GPX descargable) ofrécese en formato accesible.
Preparación desta declaración
Esta declaración preparouse o 16 de outubro de 2026. O método empregado foi unha autoavaliación do propio Concello, con revisión manual dos criterios das WCAG 2.1 nivel AA (contraste de cores, navegación co teclado, foco visible, estrutura de títulos, textos alternativos e funcionamento en móbil) e ferramentas automáticas de análise. Última revisión da declaración: 16 de outubro de 2026.Observacións e datos de contacto
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018), como:- informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web;
- transmitir outras dificultades de acceso ao contido;
- formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web;
- solicitar información accesible relativa a contidos que estean excluídos do ámbito de aplicación ou que non sexan accesibles.
- Correo electrónico: correo@boqueixon.es
- Teléfono: 981 513 061
- Rexistro xeral do Concello (Forte, s/n · 15881 Boqueixón) ou a sede electrónica.
Procedemento de aplicación
Se, unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou unha queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada ou a resposta non cumprise os requisitos do artigo 12.5 do RD 1112/2018, a persoa interesada poderá presentar unha reclamación. Tamén poderá presentala se transcorre o prazo de 20 días hábiles sen obter resposta. A reclamación pode presentarse a través do rexistro xeral do Concello ou da sede electrónica, dirixida ó ConcelloContido opcional
En 2026 o sitio web renovouse por completo, con criterios de accesibilidade desde o deseño:- contraste de cores AA;
- texto base de 17 px;
- foco visible na navegación co teclado;
- estrutura semántica de títulos;
- menús e despregables utilizables co teclado e con lector de pantalla;
- deseño adaptado a móbiles.
Última actualización: 16 de outubro de 2026
