V RUTA DO COLESTEROL – ANDAINA DE BOQUEIXÓN

V Ruta do Colesterol-Andaina de Boqueixón

O sábado, día de 27 de xuño, terá lugar a V edición da Ruta do Colesterol-Andaina de Boqueixón. Esta ruta é valedeira para o Campionato Galego de Andainas e é unha das sete rutas federadas a nivel da nosa comunidade. 

Este ano conta cun percorrido de 50 Km, nun só anel, cunha porcentaxe de camiños sen asfaltar de máis do 90%. A ruta ofrece experiencias únicas de coñecer os lugares máis espectaculares dos concellos de Boqueixón e Touro, aproveitando ó máximo os recursos e percorrendo sendas e camiños inéditos a carón das augas do Río Ulla e visitando fervenzas situadas nos lugares máis recónditos da nosa xeografía, antigas casas señoriais, sendeiros a carón dos nosos ríos, pontes romanas, árbores centenarias con milleiros de historias… Todo isto é o que a RUTA DO COLESTEROL  ofrece. É unha viaxe pola Galicia máis natural e enxebre, unha viaxe á que non podedes faltar. Estas características convertena nun referente no mundo das andainas

Características do percorrido:

Trátase de unha proba de fondo de 50 km que transcurrirá por camiños non asfaltados na súa gran maioría.

O punto de encontro será a Casa da Cultura de Camporrapado (Boqueixón). A saída será ás 09:00 horas e o primeiro kilometro será neutralizado  para caminantes. Recoméndase estar no lugar ás 08:15 para a recollida de dorsais.

Haberá 5 puntos de avituallamento repartidos ó longo de toda a proba, nos que teremos auga, refrescos, froita, bocadillos e demáis. O acabar teremos, coma todos os anos, os famosos callos e viño.

  • Primeiro avituallamiento: Km 8,2.  Remesquide.
  • Segundo avituallamiento: Km 16,8. Carretera de Fao.
  • Terceiro avituallamiento. Km 24,4. O máis importante, hora do xantar. Terá lugar na carballeira de Ponte Besebe.
  • Cuarto avituallamiento. Km 31,6. Fao
  • Quinto e derradeiro avituallamiento. Km 41,2. Área recreativa da Obra (Salto do Barco).

Ademáis destes 5 puntos fixos, a organización poderá dispor de outros 2 puntos máis de avituallamento no caso no que as condicións meteorolóxicas así o esixan (demasiado calor).

Para os participantes con retencións estos serán os tempos de apertura e peche dos puntos de control. Aqueles que excedan o tempo poderán ser eliminados da proba pola organización, así como aqueles que non respeten os tempos mínimos de cada control.

  • Primeiro control (8,2 km):
    • Abre:   10:15
    • Pecha: 11:00
  • Segudo control (16,8 km):
    • Abre:   11:30
    • Pecha: 13:00
  • Terceiro control (24,4 km):
    • Abre:   12:45
    • Pecha: 15:00
  • Cuarto control (31,6 km):
    • Abre:   14:00
    • Pecha: 16:30
  • Quinto control (41,2 km):
    • Abre:   15:30
    • Pecha: 18:50

Máis información e inscricións www.rutadocolesterol.com

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025