BOQUEIXÓN LEVARÁ A CABO OBRAS DE MELLORA VIARIA QUE AFECTARÁN A NOVE QUILÓMETROS DE SETE ESTRADAS MUNICIPAIS

BOQUEIXÓN LEVARÁ A CABO OBRAS DE MELLORA VIARIA QUE AFECTARÁN A NOVE QUILÓMETROS DE SETE ESTRADAS MUNICIPAIS

  • O orzamento total dos proxectos ascende a 250.000 euros
  • Levaranse a cabo obras nas parroquias de Lestedo, Loureda, Boqueixón, Codeso, Sergude, Oural e Lamas
  • Os proxectos forman parte dos plans POS e PAI da Deputación

O concello de Boqueixón iniciará nas vindeiras semanas as obras de mellora de sete pistas e estradas de competencia municipal, que afectarán a máis de nove quilómetros de vías e contan cun orzamento global de 250.000 euros.

As obras de mellora teñen un tempo de execución por contrata de seis meses, inda que o alcalde, Ovidio Rodeiro, agarda que poidan estar finalizadas antes de que acabe o verán, para aproveitar o bo tempo. As empresas adxudicatarias destes contratos son Hermanos Couto Fandiño e Oviga.

Polo seu volume de tráfico, destacan o arranxo de rúa que enlaza a igrexa de Lestedo co centro de Interpretación do Pico Sacro; a mellora da estrada de Loureda a Lavacolla, que ademais levará un sobreancho para conseguir unha anchura uniforme de 5 metros; e a estrada que enlaza Boqueixón con Codeso a través das aldeas de Maravexás, Santaia e Casaldesuso.

Outras vías que se van a mellorar con este plan de obras son as de Castro de Abaixo a Noente (Sergude); Papete a Fábrica de mobles (Oural); AC-960 a Senande (Lamas); e Deseiro de Abaixo (Sergude) a Rubial (Lestedo).

Estas actuacións forman parte dos Plans de Obras e servizos e de Aforro e investimento da Deputación da Coruña e están cofinanciadas polo organismo provincial e polo concello de Boqueixón.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025