Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon
  • Publicada o 29 julio 2015

AXUDAS PERIÓDICAS PARA MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.

Contía das axudas.

  1. A contía que poderá acadar esta axuda establécese en función das rendas e ingresos da solicitante da axuda en relación co indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2015.

Beneficiarios:

Mulleres que sofren violencia de xénero.

Obrigas das beneficiarias.

1. As beneficiarias quedan sometidas ao cumprimento das obrigas esixidas de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ás actuacións de comprobación que acorde a Secretaría Xeral da Igualdade. Así mesmo, quedan obrigadas a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

2. As beneficiarias quedan obrigadas a comunicarlle ao órgano concedente calquera cambio das circunstancias que xustificaron a concesión da axuda, e, en todo caso, a actualizar e remitirlle con carácter semestral as declaracións responsables recollidas no anexo II.

 3. As beneficiarias quedan obrigadas a manter a residencia na Comunidade Autónoma de Galicia durante a percepción da axuda, agás aquelas mulleres que por motivos de seguridade derivados da situación de violencia de xénero, se vexan obrigadas ao traslado a outra comunidade autónoma do territorio nacional sempre que se xustifique esta circunstancia a través dun informe dos servizos de acollida ou dos servizos sociais da Administración pública galega autonómica ou local, así como a comunicar, con carácter previo, calquera cambio de enderezo que se produza durante o mesmo período.

4. As beneficiarias quedan obrigadas a participar nos programas de formación, busca activa e mellora de emprego, e calquera outro que determine a Secretaría Xeral da Igualdade en colaboración con outras administracións ou entidades.

Requisitos:

a) Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica. Estas condicións acreditaranse con algún dos documentos establecidos no artigo 3.2.a) destas bases reguladoras emitido no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude e, de ser o caso, cun informe dos servizos sociais da Administración pública autonómica ou local.

 b) Ter cesado a convivencia co agresor no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
c) Estar empadroada e residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.

d) Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

A solicitante deberá reunir na data de solicitude e manter ata que se resolva esta e durante a súa percepción os requisitos indicados no punto anterior.

Non poderán ser beneficiarias destas axudas as mulleres que, reunindo estes requisitos, percibisen esta axuda ou a axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, con anterioridade.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}