Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, mantén un encontro co Boqueixón CF de Veteranos

15 de marzo de 2016

IMG-20160311-WA0003

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro e o técnico de deportes, Ricardo Romero, mantiveron un productivo encontro cunha representación do Boqueixón CF de Veteranos, o cal serviu para presentarlle o alcalde os obxectivos que teñen previstos para esta tempada como é revalidar o título de campeóns galegos.

Tamén se aproveitou esta xuntanza para poñer en coñecemento do equipo as melloras que se van a realizar tanto nos vestiarios como no entorno do campo de fútbol e para  establecer lazos de colaboración en materia de conservación e mantemento das infraestructuras municipais.

O alcalde encomiou o seu esforzo e agradeceu que leven o nome de Boqueixón ao máis alto do deporte.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo