O vindeiro venres 15 de abril terá lugar ás 21:00h. no local social de Codeso unha reunión informativa cos veciños e veciñas das parroquias de Codeso e Donas.
Esta xuntanza pretende ser unha acción de democracia participativa e diálogo estructurado cos cidadáns, na que os veciños e veciñas poidan debatir e opinar sobre as accións estratéxicas que se están a levar a cabo dende o concello.
O obxectivo a medio prazo é consolidar estas xuntanzas e avanzar cara novas formas e instrumentos que faciliten a participación cidadá directa, na que poder dar resposta inmediata a calquera suxestión ou queixa cidadá.
Os temas a tratar nesta reunión serán os seguintes:
- Inventario Municipal de Camiños Públicos
 - Oficina Técnica Municipal: 
- Licenzas e Comunicacións previas de OBRAS e ACTIVIDADES
 - Obras menores
 - Obras maiores
 - Distancia a lindeiros e cultivos
 - PXOM
 - …
 
 - Información de Xestión Municipal
 
								
								
								
								
															
								