O alcalde e o técnico de deportes mantiveron unha xuntanza moi enriquecedora coa directiva do Clube de Fútbol Ponte Camporrapado.
Nesta reunión tratáronse temas relacionados co mantemento e coas accións futuras que se executarán no campo de fútbol de herba de Camporrapado.
Así mesmo, a directiva puxo de manifesto a intención de fortalecer a plantilla con xogadores de Boqueixón para reforzar o seu proxecto de cara a vindeiras tempadas.

