Aberto o proceso de consulta do inventario municipal de camiños públicos

Consulta inventariado camiños públicos

Co obxectivo de implicar aos veciños e veciñas de Boqueixón na elaboración e redacción do documento e así facilitar a participación cidadá directa, infórmase que queda aberto o prazo para a consulta previa a súa aprobación inicial polo pleno do concello, do inventario municipal de camiños públicos.

O horario de consulta será de luns a venres de 09:00h a 14:00h. na sala de usos múltiples da casa do Concello.

Unha vez aprobado o documento no próximo pleno, abrirase outro proceso de exposición pública para poder facer as alegacións oportunas.

Máis información no Departamento de Urbanismo ou no teléfono 981513061.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025