Fallada a terceira edición do Certame de Relatos «Xosé Neira Vilas»

Fallo xurado certame relatos 2016O concello de Boqueixón fai pública a decisión unánime do xurado que valorou a calidade dos relatos presentados a esta terceira edición. Salientar a gran participación deste ano cun total de 90 traballos presentados a concurso e a enorme dificultade para seleccionar aos mellores debido, precisamente, ao elevado nivel dos mesmos.

Os nove relatos premiados formarán parte dunha publicación que, xunto a outros agasallos, recibirán os e as galardoados o vindeiro 20 de maio dentro da programación da semana das Letras Galegas. O acto de entrega terá lugar no salón de actos do CPI Antonio Orza Couto e estará presidido polo alcalde de Boqueixón, polo presidente da Fundación Neira Vilas e polo director do CPI.

Premiados nas tres categorías:

Primeira categoría (3º e 4º de Primaria)

* 1º premio: CRISTINA MÍGUEZ PEREIRO “O meu can Skype”

* 2º premio: CANDELA SUÁREZ MÉNDEZ “Piruleta”

* 3º premio: ANDREA TORRES ALDREY “A viaxe a Moldavia”

 Segunda categoría (5º e 6º de Primaria)

* 1º premio: ABEL IGLESIAS CUTRÍN “Soñei onte á noite”

* 2º premio: MARTÍN BARREIRO RODRÍGUEZ “Reinventando a San Xurxo”

* 3º premio: PAULA ESMORÍS RODRÍGUEZ “ Unha granxa moi estraña”

Terceira categoría (Ed. Secundaria)

* 1º premio: ANDREA FERNÁNDEZ IGLESIAS “Dun morto para ti”

* 2º premio: MARCOS AGRELO RIBADEO “Lémbraste de min?”

* 3º premio: SARA GARCÍA FERNÁNDEZ “Ese tipo de lugares”

.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025