Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, FORMACION E EMPREGO
  • Publicada o 16 junio 2014

BASES CONTRATACIÓN AXUDANTE RECOLLIDA DO LIXO PARA CUBRIR VACACIÓNS

BASES CONTRATACIÓN AXUDANTE RECOLLIDA DO LIXO PARA CUBRIR VACACIÓNS

BASE PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

Ten obxecto de cubrir, como persoal laboral temporal unha praza de axudante recolledor do lixo no período de vacacións. A modalidade contractual será a dun contrato baixo a modalidade de obra ou servizo a tempo completo

BASE SEGUNDA.-  DURACIÓN DO CONTRATO

A duración do contrato será de 3 meses dende o 1 de xullo ata 30 de setembro de 2014, non prorrogable. A xornada laboral é a tempo completo e axustada ás necesidades do servizo.

TERCEIRA.- REQUISITOS
Para a admisión dos aspirantes será necesario cumprir os seguintes requisitos xerais:
a) Ser español ou nacional doutro Estado, estes últimos, de acordo co disposto no artigo 57 do EBEP
b) Idade: ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
c) Titulación mínima: estar en posesión do título do certificado de escolariadade ou equivalente, e así mesmo do permiso de conducir tipos C e ADR. Cando se aleguen equivalencias de títulos achegarase, no seu día, certificado para o efecto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación. (Requírese copia compulsada dos títulos)
d) Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
f) Habilitación: non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das
comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No suposto de ser nacional doutro
Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmo termos, o acceso ó emprego público.
g) Estar desempregado e inscrito na Oficina Pública de Emprego (copia compulsada da tarxeta de desemprego da Oficina Pública de Emprego)

Toda a documentación presentada debe acreditarse con orixinais ou copias compulsadas.

BASE CUARTA.-

– Por resolución de alcaldía o Concello de Boqueixón procederá á publicación do anuncio de contratación na páxina Web do Concello de Boqueixón lab.mcapps.es, fixando os prazos de presentación das instancias e documentación xustificativa dos méritos alegados

– Os candidatos disporán de 5 días hábiles, contados a partir do mesmo día da publicación na citada páxina, para a presentación de solicitudes no rexistro xeral sito na Casa do Concello de Boqueixón, en horario de 9 a 14 horas.

Para dúbidas os/as aspirantes poderán chamar ó 981513061

BASE QUINTA.-

Expirado o prazo de presentación de instancias, o alcalde ditará resolución no prazo máximo de cinco días naturais, na que declare aprobada a lista de admitidos e excluídos. Posteriormente, convocarase – mediante anuncio no taboleiro a data de realización davaloración dos méritos achegados e da proba práctica que se fixe.

BASE SEXTA: COMISIÓN SELECCIONADORA.
– O nomeamento da comisión seleccionadora (titulares e suplentes) farase por resolución de alcaldía.

– A comisión seleccionadora estará composta por Presidente/a, Secretario/a e 3 vogais. A comisión seleccionadora non poderá constituirse, nin actuar sen asistencia de máis da metade dos membros (titulares ou suplentes, indistintamente). En todo caso, será preciso a asistencia do presidente /a e do secretariao/a.

– A comisión reunirase para a valoración dos méritos achegados e a realización da proba práctica que se fixe (quedando o candidato/a de maior puntuación como titular e o resto coma suplentes) e proporá o Sr. Alcalde a súa contratación.

As actuacións da comisión seleccionadora serán recurribles conforme o establecemento na Lei 30/1992 do Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común.

O proceso de selección consiste en baremar os méritos achegados polos candidatos/as, e realizar unha proba práctica relacionada coas funcións propias da praza.

BASE SETIMA.-
1. A proba práctica consistirá na realización dun exercicio relacionado cos cometidos propios da praza de axudante recolledor do lixo. Para superar esta proba práctica será necesario acadar polo menos 10 puntos. Sendo a puntuación máxima de 20 puntos.

2. As funcións da praza serán:

– Condución de vehículos recolectores de carga traseira.
– Manipulación de colectores, mantemento destes e atención das infraestruturas do servizo.

3. Valorarase a formación, grao de coñecementos e habilidade amosada no desenvolvemento da proba.

BASE OITAVA.-

O baremo para a valoración de méritos é o seguinte (ata un máximo  de 10 puntos):

Experiencia laboral (máximo 6 puntos):
a) Por desempeñar un posto de traballo como axudante recolledor de lixo nunha Administración pública: 0,15 puntos por mes (acreditarase mediante informe de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguidade Social e mediante  informe ou certifición expedido pola administración correspondente).
b) Por desempeñar un posto de traballo con funcións similares nunha Administración pública: 0,10 por mes (acreditarase mediante informe de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguidade Social e mediante  informe ou certificación expedida pola administración correspondente).
c) Por desempeñar un posto de traballo como axudante recolledor de lixo en empresas do sector privado relacionado co posto: 0,07 puntos por mes (acreditarase mediante informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social e mediante orixinal ou copia cotexada dos contratos de traballo, ou informe ou certificación da empresa).
d) Por desempeñar un posto de traballo de similares características en empresas do sector privado: 0,05 puntos por mes (acreditarase mediante informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social e mediante orixinal ou copia cotexada dos contratos de traballo, ou informe ou certificación da empresa).

Formación (máximo 4 puntos):
– Por cada curso realizado, impartido por administracións públicas, universidades, INEM, formación continua no marco do Acordo de formación continua para as administracións públicas ou formación ocupacional (relacionado co posto):

Por cursos de 20 a 59 horas: 0,5 puntos por curso.
Por cursos de 60 a 99 horas: 0,75 puntos por curso.
Por cursos de 100 ou máis horas: 1 punto por curso.

– Por estar en posesión doutros permisos de conducir distintos dos esixidos na base terceira (vehículos articulados, con remolques, camións, etc): 0,10. Só se puntuará ata un máximo de 1 punto.

– Os cursos que se aporten de galego ou validación (a puntuación non poderá superar 1 punto): só se computará o de nivel máis alto:
Celga 4: 1 punto
Celga 3: 0,75 puntos
Celga 2: 0,50 puntos
Celga 1: 0,25 puntos

2.  Os méritos que aleguen os interesados e que, de acordo co baremo previsto, desexen que se lles teñan en conta acreditaranse debidamente por medio de documentos orixinais
ou fotocopias destes, que presentarán cotexadas fidedignamente, significándose que non
se valorarán aqueles méritos que a comisión considere que non estiveran suficientemente acreditados.
3. Os méritos admisibles e valorables serán unicamente os causados ata a data de expiración do prazo sinalado para a presentación de instancias.
BOASE NOVENA. PRAZOS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS
Por resolución de alcaldía se aprobará as datas e prazos para a realización das probas de selección: baremación de méritos e realización da proba práctica.
BASE DÉCIMA.

Rematada a selección a Comisión seleccionadora publicará no taboleiro o nome do/a participante titular do posto seleccionado/a coa súa puntuación, e o nome dos/as candidatos/as suplentes que terá vixencia mentres se manteñan as CIRCUNSTANCIAS QUE DERON LUGAR A ESTA CONVOCATORIA.

BASE UNDÉCIMA. PROPOSTA DE CONTRATACIÓN

Unha vez rematado o proceso de selección, a proposta da Comisión de Selección será elevada ó alcalde para que formule a contratación da persoa que obteña a mellor puntuación, en número que non supere a das prazas obxecto da convocatoria.
O/A candidato/a seleccionado/a presentarán copia do NIF, cartilla da Seguridade Social e Tarxeta de Demandante de Emprego.
A formalización do contrato realizarase conforme o previsto na lexislación vixente.

BASE DÉCIMA.     A Comisión Seleccionadora queda autorizada para resolver as dúbidas que se presenten, para adoptar os acordos necesarios para o bo funcionamento do proceso de selección e en todo o non previsto nestas bases, facendo constar na acta correspondente os acordos adoptados.

[attachments docid=»4462″]

 

Adxuntos

  • Instancia axudante recolledor de lixo (12 kB)
  • Instancia axudante recolledor de lixo (12 kB)
  • Instancia axudante recolledor de lixo (12 kB)
  • Instancia axudante recolledor de lixo (12 kB)

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}