Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Becas MEC 2017-2018

14 de setembro de 2017

becas 17 18O 10 de agosto publicouse a convocatoria de becas xerais  para estudantes que cursen estudos postobligatorios (universitarios e non universitarios).

ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

As becas xerais para estudos non universitarios  diríxense a estudantes que estean matriculados nalgún dos seguintes niveis:

  • Bacharelato
  • Formación Profesional de Grao Medio e de Grao Superior
  • Ensinanzas Artísticas Profesionais
  • Ensinanzas Deportivas
  • Ensinanzas Artísticas superiores
  • Estudos relixiosos superiores
  • Estudos militares superiores
  • Estudos de idiomas en Escolas Oficiais, incluida a modalidade de distancia
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional Básica

A presentación de solicitudes é de xeito telemático e o prazo remata o 3 de outubro

ESTUDOS UNIVERSITARIOS

As becas xerais  para estudos universitarios dirixense a estudantes que estean matriculados nalgún dos seguintes niveis:

  • Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.
  • Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Inxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Inxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico.
  • Curso de preparación para acceso á universidad de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
  • Complementos de formación para acceso u obtención dol título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou para continuar estudos oficiais de licenciatura.

Non se inclúen nesta convocatoria as becas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutorado, estudos de especialización nin títulos propios das universidades

A presentación de solicitudes é de xeito telemático e o prazo remata o 17 de outubro

 

Mais información http://www.mecd.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2017-2018/inicio.html

 

 

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo