Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Bandos e avisos

Prórroga do prazo para o inicio da execución das obras SAUI-2

20 de marzo de 2018

No Pleno ordinario realizado o día 14 de marzo de 2018, adoptouse o acordo que a continuación se transcribe:

1.- Prorrogar o prazo para o inicio da execución das obras de urbanización do polígono do SAUI- 2 e para a presentación do correspondente AVAL, ata que se emita a correspondente Sentenza Xudicial polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fronte ao Auto 75/2017 de data 18 de maio de 2017 do xulgado contencioso administrativo nº 1 de Santiago de Compostela con relación ao proxecto de Compensación.

2.- Publicar este acordo no BOP e na páxina web municipal.

3.- Notificar este acordo á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Augas de Galicia e a Infraestruturas ferroviarias.

Boqueixón, 20 de marzo de 2018

O alcalde, Manuel Fernández Munín

Compartir
WhatsApp Facebook Correo