
O Concello de Boqueixón ofrecerá o próximo 20 de abril ás 18.00 horas na Casa do Concello a charla informativa Falamos de… Lactancia Materna. A sesión estará impartida por Berta Couto, asesora de lactancia materna, e é de carácter gratuíto.
Falarase sobre os seguintes temas:
- Mitos sobre a lactancia materna
- Posturas para amamantar
- Dificultades na lactancia materna
- Beneficios
- Parto e lactancia
Máis informacións e inscripcións, no Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón ou a través do teléfono 981 513 115.
