Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, CULTURA
  • Publicada o 13 mayo 2018

O Centro de Interpretación do Pico Sacro xa conta cun monólito na honra de Antía Cal

HomenaxeAntiaCalBoqueixonWeb

O Centro de Interpretación loce dende onte un monólito na honra de Antía Cal Vázquez, tras a emotiva homenaxe realizada pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio. O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, presidiu este acto, no que estivo acompañado polo delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da agrupación cultural, Xosé M. Lobato. Preto dun cento de persoas, entre familiares da homenaxeada, amigos e unha ampla representación dos eidos da cultura e da educación, participaron nesta cita.

HomenaxeAntiaCalBoqueixon01A homenaxe comezou co descubrimento do monólito no exterior do Centro de Interpretación do Pico Sacro, sé da Asociación Mestre Manuel Gacio. Arroupada por preto dun cento de persoas Antía Cal Vázquez foi oficialmente nomeada Socia de Honra da agrupación cultural, ocupando un lugar salientable xunto co finado escritor Xosé Neira Vilas. No monólito pódese ver a seguinte lenda: “Antía Cal Vázquez, pedagoga galega universal”.

Precisamente o seu labor innovador no eido da pedagoxía centrou grande parte das intervencións realizadas polas autoridades. Así, Manuel Fernández agradeceu a Antía Cal Vázquez “todo o seu traballo en prol da educación igualitaria, da igualdade entre mulleres e homes, e da nosa lingua, o galego”. Neste senso, salientou que a pedagoga “conseguiu rachar coa orde establecida fundando unha escola laica, con aulas mixtas e, ademais, bilingüe (castelán e inglés), sendo o galego a lingua usada no tempo de lecer”.

O rexedor boqueixonés tivo tamén verbas de agradecemento á Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio, “polo gran traballo que están a desenvolver dende Lestedo” a prol da cultura. Así, lembrou os numerosos recoñecementos recibidos polos seus distintos grupos de baile e de música tradicional, “algo que nos enche de ledicia e orgullo”. Concluíu a súa intervención animando ao presidente da agrupación, Xosé M. Lobato a continuar nesta senda de poñer en valor o amplo patrimonio cultural e musical galego.

HomenaxeAntiaCalBoqueixon03Pola súa banda, tanto Ovidio Rodeiro como Valentín García coincidiron á hora de gabar o importantísimo labor desenvolvido por Antía Cal ao longo da súa vida. Un traballo que dende a Asociación Mestre Manuel Gacio quixo recoñecer con esta sentida homenaxe.

O acto continuou no interior do Centro de Interpretación do Pico Sacro, onde os asistentes conformaron o que se chamou remuíño agarimoso para ofrecer, en forma de música e bailes, a súa particular homenaxe á Antía Cal. Visiblemente emocionada, a pedagoga compartiu con todos os presentes as vivencias e as dificultades que tivo que superar durante os seus 95 anos de vida.

Dende a Asociación Mestre Manuel Gacio amosáronse moi satisfeitos por contar coa presenza desta salientable profesional e por compartir con ela unha xornada de lembranzas. O monólito tanto de Antía Cal Vázquez coma de Xosé Neira Vilas presiden agora a sé desta agrupación cultural, que conta con máis de 300 socios.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}