O Concello de Boqueixón vén de aprobar as bases para a contratación de 4 peóns de obras públicas por un período de 5 meses. Esta contratación realízase dentro do ‘Programa de Integración Laboral’ da Deputación da Coruña para o ano 2018.
As tarefas a realizar polos 4 peóns de obras públicas para 5 meses son os seguintes:
– Recollida de lixo nos 105 lugares do municipio.
– Limpeza e desbroce en áreas recreativas (Lesdesma, Gastar, entorno Capela de San Paio, Sucira, etc) e nos accesos ós núcleos de poboación.
– Limpeza viaria de beirarrúas e prazas públicas por medios manuais e barredora nas 14 parroquias do concello.
– Pequenas reparacións e mantemento de edificios municipais.
A retribución do salario mensual bruto incluída a parte proporcional das pagas extras do/a traballador/a será de 972,32 euros/mensuais de acordo a unha xornada laboral do 80%, e axustada ás necesidades do servizo
As bases completas da contratación pódense consultar aquí.
Adxuntos
- BasesPeonObrasPublicasBoqueixon (114 kB)
- BasesPeonObrasPublicasBoqueixon (114 kB)
- BasesPeonObrasPublicasBoqueixon (114 kB)
- BasesPeonObrasPublicasBoqueixon (114 kB)