Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Deportes

Programa de subvencións da Deputación da Coruña para clubes deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico durante o ano 2018

11 de setembro de 2018

As bases están publicadas no BOP de 14 de agosto. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 20 de setembro ás 14:00 h. Presentación telemática, a través da plataforma da Deputación. É preciso dispoñer de sinatura electrónica do/a presidente/a e do secretario/a.

Consulta as bases no arquivo adxunto, ou premendo aquí. Tamén se poden consultar directamente na web do Boletín Oficial da Provincia, sendo este o enlace ao anuncio.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo