Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Xuventude (OMIX)

Última praza ofertada pola Agrupación do Val do Ulla para o programa Galeuropa

25 de setembro de 2018

GaleuropaFinalMalta

A Agrupación do Val do Ulla -Concellos de Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces abre un novo prazo de solicitudes para o programa Galeuropa. Neste caso, ofértase unha praza para Malta para unha estancia de dous meses.  As solicitudes deberanse presentar entre o 25 e o 27 de setembro, ambos inclusive. A ficha de inscrición podes descargala aquí. Máis información: galeuropavaldoulla@gmail.com ou nos teléfonos 981 513 115, 986 582 017, 669 450 801.

Requisitos:

Estar inscritos/as e figurar como beneficiarios/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Forma de presentación de solicitudes:

Mediante e-mail  galeuropavaldoulla@gmail.com

Documentación a presentar:

  • Instancia (ficha de inscrición)
  • Xunto coa seguinte documentación requirida: copia do dni, certificado de garantía xuvenil, currículo europeo en galego e en inglés, xustificante de ser vítima de violencia de xénero ou persoa en risco de exclusión social, se é o caso.

O novo prazo de presentación de solicitudes:

Dende o 25 ao 27 de setembro, ambos inclusive.

 Mobilidades ofertadas:

– Malta: 1 praza

Duración das mobilidades:  2 meses

Mail de contacto: galeuropavaldoulla@gmail.com

Teléfonos de contacto: 981513115, 986582017, 669450801

Máis información: www.boqueixon.gal, www.concellodevedra.com, www.viladecruces.gal

Adxuntos

Compartir
WhatsApp Facebook Correo