Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

Nova sesión do programa ‘Ler Conta Moito’ da Biblioteca Municipal de Boqueixón coa actuación este venres 23 de agosto de Marionetas Trécola

20 de agosto de 2019

MarionetasTrecolaBoqueixon

O programa Ler Conta Moito promovido pola Biblioteca Municipal de Boqueixón grazas ao apoio da Consellería de Cultura e Turismo ofrecerá este venres 23 de agosto ás 10.00 horas unha nova actividade en O Forte. Desta volta, Teatro Marionetas Trécola ofrecerá o seu espectáculo Xogo Revolto. A actividade é de balde.

A través desta actuación e dunha historia do máis amena, Marionetas Trécola tentará fomentar a educación emocional entre a cativada, libre de estereotipos e de violencia de xénero. Así, as situacións da vida cotiá que se representarán neste espectáculo promoverán unha sociedade chea de respecto entre iguais.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo