
A Asociación SC-20 busca persoal para un proxecto de recollida de aceite usado porta a porta. Os requisitos para solictar este emprego son, en primeiro lugar, ter unha discapacidade recoñecida do 33% ou superior, poder cargar peso e que, preferiblemente, esté en posesión do carné de conducir do tipo B.
Todos aqueles interesados, poden enviar a súa candidatura ao email laboral@gruposc20.org, ou chamar por teléfono ao 981 571 866 e preguntar por Jesús Castaño.
