Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

O Concello de Boqueixón oferta unha nova edición dos cursos de inglés para escolares e mocidade

31 de agosto de 2020

ClasesInglesBoqueixon

O Concello de Boqueixón ofertará unha nova edición dos seus cursos de inglés para escolares e mocidade do municipio. O programa diríxese a alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria, mocidade empadroada no Concello de Boqueixón e escolares matriculados/as nun centro educativo do municipio.

O prazo de formalización de praza ábrese mañá e estenderase ata o 15 de setembro. As persoas interesadas deberán remitir a ficha de inscrición cuberta (que se pode descargar premendo nesta ligazón ou no arquivo adxunto) ao Departamento de Cultura e Educación (cultura@boqueixon.gal ou de xeito presencial, sempre con cita previa no teléfono 981 513 115).

As clases darán comezo o vindeiro mes de outubro e estenderase ata xuño de 2021. Todas as sesións desenvolveranse nas instalacións do CPIP Antonio Orza Couto, levándose a cabo todas as medidas hixiénico-sanitarias necesarias para cumprir a normativa vixente en materia de prevención da COVID-19.

Os horarios para escolares de Educación Infantil e Primaria será luns e mércores, de 15.30 a 16.30 horas e martes e xoves, de 15.30 a 16.30 horas. No caso de Secundaria e da mocidade, as sesións desenvolveranse os venres entre 16.00 e 18.00 horas.

Requírese un grupo mínimo de participantes para o inicio das actividades. As prazas son limitadas por grupo, segundo os diferentes niveis impartidos.

O custo dos cursos de inglés é de 25 euros mensuais. Dende o Concello ofrécense unha serie de descontos polo segundo/a fillo/a (rebaixa do 25%); terceiro/a fillo/a (50%); cuarto fillo/a e sucesivos (de balde).

Adxuntos

Compartir
WhatsApp Facebook Correo