O ciclo de teatro para público adulto ‘BocAberta’ vén de ser aprazado. Así o decidiu o Concello de Boqueixón como medida de prevención frónte á expansión da COVID-19 e logo de que se publicaran as novas restricións por parte das autoridades sanitarias. Cando a situación sanitaria o permita, daranse a coñecer as novas datas para a celebración deste programa cultural.
Prégase á veciñanza que desculpen as molestias que esta cancelación poida causar.