Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, OMIX
  • Publicada o 6 mayo 2021

Bases do servizo Campamentos de Verán 2021 do Concello de Boqueixón

CartelCampamentosVeranBoqueixon

O Concello de Boqueixón publica as bases do servizo de Campamentos de Verán 2021, que se detallarán nas seguintes liñas, aínda que tamén se poden consultar no arquivo anexo. O prazo de preinscrición estará aberto entre os días 7 e 21 de maio. Para formalizar a devandita preinscrición deberase remitir a ficha correspondente, dispoñible no documento anexo ou premendo aquí, a omix@boqueixon.gal.

Bases do servizo Campamentos de Verán

A situación de crise sanitaria xerada pola COVID-19, fai que os campamentos se deban adaptar ás novas necesidades, polo que se deberán ter en conta medidas de prevención e redefinir as actividades que se poderán levar a cabo sen risco de contaxios.

  1. Obxecto

Co obxectivo de facilitarlle aos rapaces e rapazas a participación en actividades educativas e de tempo libre, o Concello de Boqueixón oferta as prazas para os Campamentos de Verán 2021.

  1. Datas

Do 23 ao 30 de xuño

  1. Lugar de realización

Os campamentos levaranse a cabo nunha zona de praia  a determinar.

  1. Destinatarios/as e número de prazas e destinatarios/as
  • Primaria 25 prazas nados/as: 2009, 2010, 2011 e 2012
  • Secundaria 25 prazas
  1. Criterios de admisión por orde de prioridades

1º  Pai, nai, titor, titora ou participantes empadroados/as en  Boqueixón (mínimo de 3 meses de antigüidade).

2º  Escolarizados/as nun centro educativo do concello.

3º  Pai, nai, titor, titora traballando no termo municipal.

4º  Participante desfrutando das vacacións no termo municipal.

5º   Nenos e nenas que non reúnan ningún dos anteriores requisitos.

  1. Preinscrición

Realizaranse do 7 ao 21 de maio, enviando  a ficha de solicitude por correo electrónico omix@boqueixon.gal. De ser o caso, coa finalidade de establecer a orde de prioridade, o Concello solicitará a documentación necesaria.

No caso excepcional de ter que realizarse a preinscrición de forma presencial, farase mediante Rexistro Xeral

Código de solicitude: unha vez recibida a preinscrición o departamento de Xuventude enviaralle o seu código de solicitude, a través do cal poderá comprobar a situación da persoa inscrita.

Non se admitirán solicitudes fóra dos prazos establecidos.

  1. Procedemento de confirmación de prazas
  • Listaxe provisional de admitidos/as: unha vez rematado o prazo de inscrición, publicarase na web municipal a lista provisional de admitidos/as.
  • Prazo de reclamacións: unha vez publicada a listaxe disporase de 3 días hábiles para presentar alegacións.
  • Listaxe definitiva de admitidos/as: publicarase unha vez rematado o prazo de alegacións.
  1. Adxudicación de prazas.

Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.

Se o número de prazas solicitadas supera ás ofertadas, a adxudicación realizarase mediante sorteo público no que se seguirán as premisas de prioridade expostas nestas bases.

O sorteo terá lugar o día  31 de maio ás 21:00 h no salón de plenos da Casa do Concello. Mediante o mesmo cubriranse as prazas nas distintas actividades, e tamén dará lugar a unha lista de agarda para cada un dos campamentos sorteados. O resultado e a lista de agarda  publicarase o 1 de xuño.

As vacantes que se produzan serán ofertadas aos solicitantes seguindo a orde da lista.

  1. Matrícula

Ábrese un prazo de matrícula do 4 ao 13 de  xuño.

Documentación a presentar:

  • Impreso de matrícula debidamente cumprimentado.
  • Resgardo de pago
  • Se solicita bonificación declaración da renda do 2020

Presentarase preferiblemente a través  do rexistro telemático na sede electrónica do concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).

  1. Prezo

195 €

  1. Criterio de bonificacións

Estas bonificación aplicaranse ás familias empadroadas ou escolarizadas no Concello de Boqueixón, que non serán acumulables entre si.

Casos de emerxencia social ou outra situación valorada tecnicamente polo Dpto.de S.Sociais do Concello de Boqueixón. 100%
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais ao IPREM. 100%
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 1,5 veces o IPREM.

 

60%
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 2,5 veces o IPREM.

 

40%
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a  4 veces o IPREM.

 

20%
Condición de familia numerosa xeral.

 

30%
Condición de familia numerosa especial.

 

40%
  1. Pago

O importe correspondente será ingresado na conta do concello especificando en concepto, o  nome,  apelidos e  Campamento de Verán.

Nº de conta: ABANCA ES68 2080 0320 2531 1000 0666

  1. Renuncia á praza e devolución da taxa

No caso de que, por algún motivo xustificado, tivese que renunciar á praza, presentará instancia a tal efecto a través da sede electrónica ou presencialmente no rexistro municipal.

As cantidades aboadas soamente serán devoltas cando non se poda utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado/a. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades aboadas.

  • Máis información sobre este servizo no teléfono 981 513115 ou no correo electrónico omix@boqueixon.gal

Adxuntos

  • BasesServizoCampamentosDeVeran2021 (85 kB)
  • FichaCampamentosDeVeran2021 (172 kB)

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}