Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, CULTURA
  • Publicada o 18 mayo 2021

Boqueixón celebrou o Día das Letras Galegas cun festival que combinou artes escénicas, animación á lectura e premios literarios

PremiosCertameRelatoCurto2021

O Concello de Boqueixón conmemorou o Día das Letras Galegas cun festival. Preto dun cento de persoas déronse cita o pasado domingo na Casa da Cultura de Camporrapado para gozaren dunha mañá chea de actividades.

A xornada, que foi posible grazas ao apoio da Deputación da Coruña, comezou co espectáculo teatral e musical para público familiar A mestra da lingua. A compañía Duende Sico foi a encargada de poñer en escena esta peza que animou a grandes e rapazada con divertidos contos e xogos.

DuendeSico01Boqueixon

A continuación, tivo lugar a entrega de premios do VII Certame de relato curto Xosé Neira Vilas. O concurso literario dirixido a escolares de Educación Primaria e Secundaria do municipio de Boqueixón contou cun total de 52 traballos presentados.

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, foi o encargado de presidir este acto. Estivo acompañado polo presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo; polo director do CPIP Antonio Orza Couto, José Manuel Silva, e polo presidente da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio, Xosé Manuel Lobato.

O rexedor boqueixonés salientou a importancia de desenvolver iniciativas culturais deste tipo, que animan á rapazada a “deixar voar a súa imaxinación a través das verbas”. Ademais, agradeceu “o apoio prestado tanto pola Fundación Xosé Neira Vilas como polo CPIP Antonio Orza Couto, sen os cales non sería posible este certame literario” e “a colaboración da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio na lectura dos traballos presentados a concurso”.

O certame estableceu tres categorías: 3º e 4º de Educación Primaria; 5º e 6º de EP, e Secundaria. Cada unha delas con tres galardóns. Así,ademais de cadanseu diploma e un lote de libros compiladores cos 9 relatos premiados, o primeiro posto recibiu un vale de 125 € en material escolar; o segundo, 100 €, e o terceiro, 75 €. As rapazas e os rapaces premiados foron:

1ª categoría: 3º- 4º de Educación Primaria

  • 1º premio: A nena moura, de Nerea Rendo Sánchez
  • 2º premio: Xela e Fidalgo, de Carolina Fernández Chas
  • 3º premio: Ximena e a serpe máxica, de Diana Neira Varela

2ª categoría: 5º – 6º de Educación Primaria

  • 1º premio: Un soño cumprido de Simón Rouco González
  • 2º premio: A viaxe do descubrimento de Mario Devesa Collazo
  • 3º premio: O polbo futbolista e defensor do mar, de Lucía Sánchez Raviña

3ª categoría: Educación Secundaria

  • 1º premio: O caderno de Pitágoras, de Candela Suárez Méndez
  • 2º premio: A porta á felicidade, de Noa Méndez Picallo
  • 3º premio: O legado, de Carlota Romay Soutullo

Lectura dramatizada

Lectura01Boqueixon

O Festival das Letras Galegas completouse cunha lectura dramatizada de textos de Xosé Neira Vilas, Fillo Adoptivo do Concello de Boqueixón. Elisa Barreiro foi a encargada de lembrar as verbas do escritor de Gres.

O Concello de Boqueixón entregou tamén un lote de libros compiladores deste certame ás entidades colaboradoras co VII Certame de relato curto Xosé Neira Vilas. Os relatos gañadores pódense consultar no arquivo anexo ou premendo aquí.

Adxuntos

  • Libro Certa Relato Curto Boqueixon 2021 (529 kB)

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}