
A Biblioteca Municipal de Boqueixón lembra á cidadanía o seu horario de apertura, que mudou recentemente:
- Todos os días (de luns a vernes) en horario de mañá, entre as 09.00 e as 13.00 horas
- Luns e xoves polas tardes, entre as 15.30 e as 18.00 horas
Dende o Concello anímase a toda a veciñanza a achegarse a este centro de lectura e descubrir os seus máis de 7.000 fondos bibliográficos.
