Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

O ritmo de Odaiko “contaxiou” a máis dun cento de veciños e veciñas de Boqueixón

5 de outubro de 2021

Odaiko

A carballeira do campo da feira de Lestedo converteuse esta fin se semana nunha improvisada pista de baile na que máis dun cento de veciños e veciñas, na súa maioría nenos e nenas, bailaron ao ritmo que marcaron Odaiko e os seus distintos instrumentos de percusión. O  novo espectáculo musical, “Vaia ritmo”, conectou de inmediato co público, que desfrutou do bo facer dun grupo que leva máis dunha década enriba dos escenarios achegando a música a todas as idades.

Un concerto organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña.

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo