Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

Bradomín Teatro porá en escena a comedia “Un convento moi contento” este domingo 21 de novembro en Camporrapado

17 de novembro de 2021

Convento moi contento

A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá este sábado 21 de novembro, ás 17:30 horas, a terceira sesión do ciclo de teatro BocAberta, dirixido a un público adulto e programado polo Concello de Boqueixón  en colaboración coa Deputación da Coruña. Nesta ocasión, os veciños e veciñas desfrutarán da comedia “Un convento moi contento”, de Bradomín Teatro.

“Un convento moi contento” é un espectáculo dirixido e guionizado por Lois Basallo e conta a historia dun convento ao que chega un novo sacerdote, o que vai desencadeando unha serie de divertidos sucesos. A entrada é de balde, se ben é preciso reservala no Departamento de Cultura, en cultura@boqueixon.gal ou no 981 513 115.

O ciclo de teatro BocAberta pecharase o vindeiro domingo 28 de novembro con “Chola, a it girl!”, de Artesacía Teatro.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo