Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, OBRAS E URBANISMO
  • Publicada o 25 enero 2022

O vicepresidente da Xunta visita o proxecto de conservación ambiental de Vedra e Boqueixón

Compensación ambiental

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitaron hoxe Vedra para coñeceren o proxecto de conservación ambiental promovido polos Concellos de Boqueixón e Vedra ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, así como anunciar que hoxe se abre unha nova convocatoria destas axudas ás que a Xunta destina 11,3 millóns de euros. Unha visita na que estiveron acompañados polos alcaldes de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e Vedra, Carlos Martínez.

Entre as actuacións financiadas o ano pasado polo Fondo de Compensación Ambiental destaca o proxecto de conservación ambiental ao que optaron de forma conxunta os concellos de Vedra e Boqueixón para adquirir o equipamento necesario para que os servizos municipais encargados da protección e da conservación do medio ambiente puidesen levar a cabo o seu traballo. O vicepresidente primeiro da Xunta incidiu na importancia da colaboración entre o Goberno galego e os concellos con axudas como o Fondo de Compensación Ambiental ou a Orde de Infraestruturas de uso público, que no caso de Boqueixón supuxeron nos últimos anos un investimento de máis de 380.100 euros e en Vedra  de máis de 445.700 euros.

Nova convocatoria

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria para este ano do Fondo de Compensación Ambiental (FCA), a través do que a Xunta colabora cos concellos galegos para financiar os investimentos e custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do medio ambiente e do espazo natural. O vicepresidente primeiro da Xunta anunciou que o orzamento da nova orde acada os 11,3 millóns de euros e, un ano máis, converterase nunha ferramenta fundamental para contribuír ao desenvolvemento e a recuperación sostible dos municipios da comunidade.

As dúas liñas do fondo, as subvencións de natureza non competitiva van dirixidas aos concellos galegos cuxo territorio estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico cunha asignación en función do número de xeradores, mentres que a de natureza competitiva destínanse aos que presenten as solicitudes de forma individual ou conxunta, así como as mancomunidades de concellos e os consorcios locais.

Con estas axudas, a Xunta apoiará aos concellos en actuacións orientadas á conservación da biodiversidade e á protección do medio ambiente e do espazo natural con campañas divulgativas e plans ambientais, proxectos de eficiencia enerxética no alumeado público e nas instalacións e edificios municipais, así como coa adquisición de equipamento de alta eficiencia enerxética. Tamén se financiará a compra de vehículos con distintivo ambiental Cero emisións ou Eco, xunto con actuacións de protección do ambiente e dirixidas a evitar a degradación e deterioración ambiental, a acadar unha mellor integración paisaxística na contorna, que permitan levar a cabo un maior control ambiental ou iniciativas en infraestruturas municipais dirixidas á utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais. As solicitudes deberán presentarse no prazo dun mes desde mañá e de forma telemática na sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal.

Alfonso Rueda lembrou que desde a posta en marcha do fondo en 2010 para distribuír os ingresos do canon eólico, a Xunta investiu máis de 108 millóns de euros para levar a cabo máis de 2.300 proxectos nas entidades locais, 248 deles mediante a convocatoria do ano pasado. En concreto, 131 entidades locais beneficiáronse da liña en concorrencia competitiva do fondo e sobre todo para proxectos relacionados coa contratación de persoal e a dotación de maquinaria e vehículos para protexer e evitar a degradación do medio ambiente. Por outra parte, un total de 117 concellos foron os destinatarios da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}