
Xa está dispoñible a información do boletín municipal Xanela do mes de febreiro de 2022. Nel atoparás as últimas novas do Concello de Boqueixón como a aprobación inicial dos Orzamentos de 2022, que poderían converterse nos máis investidores da historia, ou os case 700.000 euros en obras que están neste momento en fase de licitación ou adxudicación a empresas, entre outras informacións.
Podes consultar a Xanela no arquivo adxunto ou premendo aquí.
