Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

Oferta de emprego: albaneis e operarios da construción en Santiago

11 de abril de 2022

empregoboqueixon

O Concello de Boqueixón informa de que Eurofirms ETT & Selection precisa albaneis e operarios de construción para importante empresa do sector emprazada en Santiago de Compostela.

Imprescindible experiencia previa para ambos perfís. As tarefas que realizarán os albaneis serán: confección de tabiquería interna, alicatado, enfoscado, solado, enlucido e pladur. entre outras. Os/as operarios/ as de construción faran traballos de apoio aos oficiais, realizando mesturas e proporcionándolles soporte.

As persoas interesadas terán que remitir o C.V a santiago@eurofirms.com ou inscribirse directamente na oferta picando neste enlace.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo