Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, DEPORTES
  • Publicada o 21 abril 2022

O Concello de Boqueixón colabora nunha escola de carreiras por montaña gratuíta para rapazada de 6 a 16 anos

Iniciacion as carreiras

O CDM Vértice organiza unha das escolas de carreiras por montaña que está poñendo en marcha a Federación Galega de Montañismo, grazas a un convenio coa Secretearía Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e no marco do programa Corresponsables do Ministerio de Igualdade. Unha iniciativa que conta co apoio dos concellos de Boqueixón e Vedra. A escola arrancará en maio de 2022. Ata novembro será unha actividade gratuíta, grazas ao devandito convenio. O CDM Vértice agarda darlle continuidade ao proxecto para facer desta escola unha proposta estable e permanente. A inscrición está aberta en https://clubvertice.es/escola

En que vai consistir?

Será unha actividade orientada á diversión e o pracer de xogar. A través dos xogos, os nenos e nenas aprenderán a técnica de carreiras por montaña, coñecerán os diversos terreos cos que se podemos atopar no monte, como aplicar a técnica de carreira a cada terreo… Practicarán xogos para mellorar a condición física e para coidar o medio ambiente. Ademais, introduciranse no mundo da orientación, coa lectura básica de mapas a través de buscas do tesouro. E xa por último adquirirán nocións básicas de nutrición.

A quen se dirixe?

A escola quere iniciar nas carreiras por montaña a nenos e nenas de 6 a 16 anos co obxectivo de achegalos a un deporte distinto no que concorren técnica e velocidade e no que priman valores como o compañeirismo e o respecto pola natureza.

Onde?

A sede da escola é o Pavillón Polideportivo de Lestedo, situado ao pé do Pico Sacro (Boqueixón).

Cando?

En función da dispoñibilidade, cada neno ou nena pode acudir un ou dous días á semana. Os participantes dividiranse en dous grupos:

  • Nacid@s entre 2015 e 2010: martes e/ou xoves de 17:00 a 18:30
  • Nacid@s entre 2009 e 2006: martes e/ou xoves de 18:30 a 20:00

A adestradora

A escola está dirixida por Verónica Calvo Dopazo. É a actual seleccionadora galega de carreiras por montaña e directora do programa de tecnificación desta disciplina na FGM. Forma parte do noso club, o CDM Vértice. Verónica é licenciada en ciencias da actividade física e do deporte e mestra con especialidade de educación física, ademais de contar cun máster de nutrición. Conta con titulacións en diversas disciplinas deportivas, como a de adestradora nacional de triatlón e natación ou adestradora de voleibol. Ten unha importante experiencia docente e está acostumada a traballar con nenos e nenas. A todo isto suma o seu currículo deportivo, centrada nos últimos anos nas carreiras por montaña, disciplina na que logrou importantes éxitos, como o seu 2º posto na Copa Galega de carreiras por montaña e 2º no Desafío Galaico, ambos en 2019 (ano no que foi convocada coa selección galega) e as súas vitorias no trail da Cidá e no trail de San Isidro na tempada 2020/2021.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}