Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Bandos e avisos

A Xunta ofrece este venres unha charla en liña sobre como reclamar usando o asistente de reclamacións de Consumo

27 de abril de 2022

venres

O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía a iniciativa “Venres de consumo responde”. Así, este venres 29 de abril, ás 12:30 horas, terá lugar unha charla aberta sobre como reclamar empregando o asistente de reclamacións de Consumo.

Se queres aprender a presentar as túas reclamacións so tes que participar nesta aula virtual de consumo este venres ás 12:30 horas. Para entrar á charla só tes que:

  1. Entrar na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
  2. Facer click na imaxe da esquerda que pon “Venres de Consumo Responde”
  3. Entrarás na aula de videoconferencia. Aquí deberás pulsar “Videoconferencia” e elixir:
    • se tes instalado Webex, premerás a ligazón que aparece na páxina.
    • se non tes Webex, a páxina descargará o programa no teu dispositivo. Aí poderás elixir entre instalar o Webex e entrar na aula virtual ou non instalalo e premer en “Únase desde o navegador”.
Compartir
WhatsApp Facebook Correo