
O Concello de Boqueixón organiza un ano máis o tradicional descenso do Ulla en piraguas, que terá lugar o próximo sábado 8 de xullo. O prezo da inscrición é de 25 euros, que inclúen unha praza nunha piragua para 2 persoas, chaleco salvavidas e seguro).
Prazas limitadas. As inscricións poden formalizarse en www.boqueixon.gal, enchendo este formulario de anotación antes do 30 de xuño.
