Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Servizos sociais · Axudas

A Xunta convoca o Bono Concilia para axudas a familias para a conciliación en situacións puntuais e vacacións escolares

12 de xullo de 2023

O Concello de Boqueixón informa da convocatoria do programa Bono Concilia Familia. A Consellería de Política Social e Xuventude vén de publicar as bases para a concesión destas axudas económicas ás familias para facilitarlles a conciliación en situacións puntuais e periodos de vacacións escolares. Consulta o bando.

Para poder acceder a estas axudas é preciso:

  • que as crianzas teñan doce ou menos anos de idade.
  • que ambos pais/nais, persoas titoras ou acolledoras estean traballando efectivamente, tanto no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente da crianza como por necesidades en períodos de vacacións escolares.

A contía da axuda será de 500 euros por unidade familiar (no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio) e de 200 euros para cada crianza no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados.

As solicitudes deberán presentarse de forma telemática antes do 15 de setembro a través do formulario autorizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Máis información: Departamento de Servizos Sociais de Boqueixón ou teléfono 981 513 106.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo