Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, OBRAS E URBANISMO
  • Publicada o 17 noviembre 2023

Avanzan as obras no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude

O conselleiro do Medio Rural, José González, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, veñen de visitar o avance das obras levadas a cabo no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude.  Conselleiro e alcalde estiveron acompañados polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos; o director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal; os arquitectos do proxecto e o propio director do CFEA, Juan Carlos Ferreras. Nesta primeira fase do proxecto de Sergude, dotadas con 3,4 millóns de euros, o titular do Medio Rural resaltou a importancia de avanzar nunhas obras enfocadas na mellora das actuais instalacións e a construción dun novo edificio para os estudantes, permitindo ampliar o número de prazas da residencia (de 52 a 82).

González recalcou que con esta actuación búscase que o alumnado deste CFEA, “futuros traballadores do rural galego”, poidan formarse nunhas instalacións modernas, sustentables e que atendan a criterios de eficiencia enerxética. Tanto o novo edificio en construción como as instalacións reformadas contarán cunha fachada ventilada en madeira. “Estas dúas envolventes amosan, con feitos, a nosa aposta por impulsar o emprego de madeira estrutural como ferramenta de sustentabilidade, ademais de contribuír á potenciación do noso sector forestal”, dixo José González.

Madeira estrutural

Nesta mesma liña, ata o 20% das edificacións impulsadas polo goberno autonómico empregarán madeira na súa estrutura, unha porcentaxe que irá medrando gradualmente a partir do ano que ven. E dentro desta aposta, o Consello da Xunta avaliou onte xoves a Guía para fomentar a madeira na contratación pública de edificacións sustentables, co fin de facilitarlle ás administracións que así o desexen o uso deste material na licitación pública de edificios sustentables.

O uso da madeira estrutural na construción constitúe un eixo clave nas políticas de descarbonización e, ademais de por razóns técnicas e sociais, ten un potente retorno económico: cada euro investido neste material supón outro euro no circuíto rexional, nun efecto que se multiplica co emprego de madeira local. En paralelo ao fomento da demanda pública, e dentro do mesmo compromiso co sector forestal, a Xunta de Galicia habilitará en 2024 unha liña de dous millóns para seguir promovendo o emprego de madeira estrutural en edificacións de particulares e empresas.

Obras realizadas en Sergude

A renovación destas instalacións estase a facer atendendo aos criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética. Ademais, servirá para responder á demanda existente para a residencia do centro, en consonancia coa oferta do CFEA. O centro conta actualmente con máis de 130 alumnos de ciclos formativos, cursando o grao superior de Gandaría e asistencia en sanidade animal e o grao medio en Aproveitamento e conservación do medio natural, ambos en réxime ordinario presencial. Tamén o grao medio de Produción agropecuaria (tamén ordinario presencial) e o grao medio en Produción agroecolóxica (réxime modular de persoas adultas na modalidade presencial).

Con respecto ao conxunto do proxecto, o conselleiro recordou que o obxectivo é crear o “Espello do rural galego”, un espazo que propicie unha visión global do que é o noso medio rural, dende o punto de vista agropecuario, forestal e hortofrutícola, comezando nunha primeira fase pola mellora das instalacións formativas e residencias. Así, o pazo de Quián e a súa contorna converteranse no futuro nunha reprodución visitable da ordenación do territorio que se pretende para o rural galego cos seus tres usos fundamentais: forestal, agrícola e gandeiro.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}