Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

Teatro pola Igualdade: “O mundo ao revés”, de Trémola Teatro

6 de marzo de 2024

O Concello de Boqueixón, a través do Centro de Información á Muller e a Biblioteca Municipal, organiza unha nova sesión de Teatro pola Igualdade dentro da programación especial do Día da Muller. Neste caso trátase da peza “O mundo ao revés”, un contacontos de Trémola Teatro.

Dirixido a nenos e nenas de Infantil e Primaria, a actuación terá lugar o venres 22 de marzo, de 15:30 a 16:15 horas, no ximnasio municipal do Forte. Inscricións neste formulario. Colabora: Ler conta moito.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo