Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, OBRAS E URBANISMO
  • Publicada o 21 agosto 2024

O Concello de Boqueixón investirá 100.000 € na mellora da EDAR de Pousada, que dará servizo ao polígono de Camporrapado

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético e o alcalde de Boqueixón visitaron onte a depuradora

 

O Concello de Boqueixón investirá máis de 100.000 euros na mellora da depuradora de augas residuais de Pumariño (Pousada), que dá servizo ao polígono industrial de Camporrapado. Unha actuación que esta mañá foi visitada polo secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, quen estivo acompañado polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e persoal do equipo técnico encargado da obra.

Rodeiro Tato agradeceu a colaboración do Goberno galego e sinalou que “estas liñas axudas son moi importantes para seguir mellorando as nosas infraestruturas e teñen un impacto moi positiva na veciñanza”. Así, destacou que esta actuación “permitirá a reparación e ampliación da capacidade dunha das dúas estacións de depuración de augas residuais que dan servizo ao polígono industrial de Camporrapado e aos veciños e veciñas da contorna”. Segundo datos da empresa concesionaria do saneamento no municipio, esta EDAR presta servizo a 200 abonados, o que equivalería a unha poboación duns 500 habitantes.

Para incrementar a capacidade de depuración das instalacións, o Concello procederá á instalación dun novo decantador, preparado para afrontar un volume de decantación de 33 m3, e unha nova reixa de desbaste automática, deseñadas ambas as dúas pezas para unha carga contaminante duns 600 habitantes equivalentes. Así mesmo, procederase a instalar unha válvula de corte para o baleirado de lodos no pozo de rexistro, repararase o decantador secundario e substituirase a boba do sistema de recirculación de lodos entre o decantador secundario e o reactor biolóxico. Finalmente, procederase a executar unha soleira de formigón para mellorar a nivelación da depuradora e evitar problemas de asentamento.

Na actualidade, o Concello de Boqueixón dá subministro de auga ao 100% das casas e servizo de depuración a todas as aldeas. Conta cun total de 12 depuradoras e prevé poñer en funcionamento outras 12 microdepuradoras de infiltración, que darán servizo a vivendas illadas cun custe asumido conxuntamente polo Concello e pola Xunta de Galicia.

Mellora de infraestruturas

Pola súa banda, Nicolás Vázquez enmarcou estes traballos de ampliación da capacidade de depuración e funcionamento na nova edición do programa de axudas posto en marcha polo Goberno galego para a mellora das infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade e que recibirán, en 2024, un total de 3,5 millóns de euros. Esta liña ten como obxectivo dar resposta ás novas necesidades que teñen estas instalacións co obxectivo de modernizalas e ofrecer un mellor servizo para favorecer a fixación e implantación de compañías, así como promover o emprego local.

Os apoios están dirixidos aos concellos galegos que queiran realizar melloras relativas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, infraestruturas viarias, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, así como servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde.

Ademais, segundo explicou, esta liña encaixa nas medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar coa Administración autonómica para achegar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas, na que recibiron unha maior puntuación.

3,2 millóns en axudas para redes de distribución eléctrica

Por outra banda, e no marco de establecer medidas de reforzo e mellora nos parques empresariais, o secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético subliñou que a Xunta xa concedeu este ano 3,2M€ en axudas para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais de Galicia.

En concreto, os concellos galegos que se beneficiaron destes apoios, foron os de O Corgo, Gondomar, Tordoia, Ribeira e o municipio de Ordes. Toda vez que, as redes de distribución eléctrica son unha infraestrutura esencial na implantación de novas iniciativas empresariais xa que para o desenvolvemento dunha actividade económica ou empresarial é fundamental ter garantido o subministro de enerxía eléctrica.

Neste sentido, Nicolás Vázquez, lembrou que os parques empresariais precisan ser abastecidos de enerxía eléctrica a través de redes de distribución ben dimensionadas que permitan cubrir con seguridade e calidade as demandas das empresas que xa están establecidas e das que se poden establecer no futuro.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}