Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Servizos sociais

Xantar cos maiores do Programa de Prevención da Dependencia

20 de decembro de 2024

As persoas maiores que participan no Programa de Prevención da Dependencia do Concello de Boqueixón desfrutaron dun xantar de Nadal, que tivo lugar no restaurante Don Sancho. Ata aló achegáronse o alcalde, Ovidio Rodeiro, e a concelleira de Servizos Sociais, Ángela Conda, para desexarlles unhas boas festas e entregarlles unhas prantas de agasallo.

O Programa de Prevención da Dependencia do Concello de Boqueixón conta na actualidade con 15 persoas usuarias, que asisten semanalmente ás clases que teñen lugar os martes e xoves, en horario de 16:00 a 19:30 horas, no local social de Vigo.

O servizo de transporte destas persoas recibe unha subvención dos Servizos Sociais da Deputación da Coruña para fomentar actividades de envellecemento activo e de actuación de loita contra a soidade non desexada.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo