
As escolas deportivas de ximnasia rítmica do Concello de Boqueixón abren as súas inscricións para o curso 2025-2026. Podes descargar o impreso de solicitude premendo aquí.
As inscricións deberán formalizarse a través da Sede Electrónica municipal antes do vindeiro 25 de setembro.
As clases darán comezo o vindeiro mes de outubro, no ximnasio municipal do Forte os luns e mércores, en horario de 14:30 a 15:20 (Rítmica I) e de 15:30 a 16:20 (Rítmica II).
Máis información: 638 567 029.
