Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, OMIX
  • Publicada o 22 junio 2026

O programa de vacacións do IMSERSO abre ata o 10 de xullo o prazo de inscrición nas quendas de outubro de 2026 a xuño de 2027

O Concello de Boqueixón informa da convocatoria do Programa de Turismo de Turismo. Quendas de entre 4 e 10 días en réxime de pensión completa que terán lugar entre os meses de outubro de 2026 a xuño de 2027. Inscricións dende hoxe luns 22 de xuño ata o 10 de xullo de 2026. Máis información nos Servizos Sociais do Concello de Boqueixón: 981 513 106.

Normativa

Orde SCB/926/2018, de 10 de setembro, pola que se regula o Programa de Turismo do Instituto de Maiores e Servizos Sociais. (BOE nº 221 do 12/9/2018)
Resolución do 4 de xuño de 2026, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para persoas maiores que desexen participar no Programa de Turismo. (BOE nº 144 do 13/6/2026)

Prazas ofertadas e quendas

Convócanse 879.213 prazas para participar no Programa de Turismo, a desenvolver nas quendas e destinos que se relacionan no anexo I desta resolución.
O Programa desenvolverase por quendas que agrupen ás persoas usuarias co mesmo orixe, destino e datas.
As quendas, que poderán ter unha duración desde 4 días (3 pernoitas) ata 10 días (9 pernoitas), realizaranse en réxime de pensión completa, excepto nas viaxes a capitais de provincia cuxo réxime será de media pensión.
As quendas do programa iniciaranse durante o período comprendido entre o mes de outubro de 2026 e o mes de xuño de 2027.

Solicitantes

a) Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
• Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
• Ser pensionista de viuvez con 55 ou máis anos de idade.
• Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
• Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 ou máis anos cumpridos.
b) Os españois residentes no estranxeiro sempre que reúnan os requisitos esixidos no apartado a) anterior.
c) Os españois de orixe emigrantes que retornasen a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de seguridade social do país ou países aos que emigrasen.
As persoas usuarias poderán ir acompañadas polo seu cónxuxe, parella de feito ou persoa coa que se constitúa unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión.
Asimesmo poderán ir acompañadas dos fillos con discapacidade en grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel ou, no seu caso, abonen o suplemento establecido para cuartos individuales que estará suxeito á dispoñibilidade de prazas.
As persoas usuarias de prazas e os seus acompañantes, excepto os fillos, deben valerse por si mesmas para realizar as actividades básicas da vida diaria.

Modalidades

• Zona Costeira Peninsular: estadías en zonas de Costa Peninsular de 10 e 8 días en Andalucía, Murcia, Comunitat Valenciana e Cataluña.
• Zona Costeira Insular: estadías de 10 e 8 días en zonas de Costa Insular (Canarias e Illes Balears).
• Turismo de Escapada, coas seguintes actividades: con estancias de 4, 5 e 6 días, cos seguintes tipos de viaxes:
• Circuitos culturais.
• Turismo de natureza.
• Viaxes a capitais de provincia.
• Viaxes ás cidades de Ceuta e Melilla.
Servizos incluídos
• Transporte ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte e viaxes a capitais de provincia.
• Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO que dispoñan de zonas comúns accesibles. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
• Servizo de medicina xeral, complementario ao da Seguridade Social, no propio hotel.
• Programa de animación social e cultural
• Póliza colectiva de seguros colectiva.
Nas viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación.
As viaxes a capitais de provincia serán en réxime de media pensión e sen transporte.

Prezos por persoa das diferentes quendas
Dependendo do destino e duración da viaxe, os prezos das prazas son os que figuran no anexo I da resolución:
Reservarase o 1% das prazas para as persoas con recursos económicos iguais ou inferiores ao importe das PNCs que alcanzasen maior puntuación nos criterios de valoración, e redúcese o prezo fixado no anexo I nun 50 %.
En concepto de reserva de praza abonarase unha cantidade máxima do 20% do prezo da praza. A totalidade do prezo da praza abonarase 45 días antes do comezo da viaxe.
No caso das quendas que comecen nos meses de outubro e de novembro, cando o tempo que transcorra desde a reserva de viaxe á data de saída do mesmo sexa inferior a 45 días, deberase facer efectivo a totalidade do pago da viaxe no momento da reserva.

Solicitude de praza

A solicitude servirá para obter a acreditación da persoa participante que lle permitirá acceder ás prazas convocadas
Non será necesario que as persoas acreditadas para viaxar en tempadas anteriores, cumprimenten nova solicitude, xa que recibirán un documento no que figuran os datos persoais e de preferencia de destino e que, só no caso de que queiran modificar algún deses datos, deberán devolver ao Imserso no prazo comprendido entre o 22 de xuño e o 10 de xullo de 2026, ambos incluidos.
As persoas acreditadas polo Imserso en tempadas anteriores e as que obteñan acreditación nesta convocatoria, unha vez comprobado que reúnen os requisitos, serán baremadas mediante a aplicación dos criterios de valoración
Poderase viaxar con outra persoa que vaia a presentar a solicitude na mesma provincia, cando sexan iguais os destinos elixidos e a orde de prioridade das prazas solicitadas.

Criterios de valoración

• Idade da/do solicitante (no caso de matrimonio aplicarase a media)
• Situación de discapacidade
• Situación económica
• Participación no programa en anos anteriores
• Condición de familia numerosa.
Lugar de presentación
• A través da Sede Electrónica do Imserso
• Servizos Sociais Comunitarios
• Servizos Centrais do IMSERSO (Avda. de la Ilustración, s/n c/v c/ Xinzo de Limia, 58. 28029 Madrid)
• No Apartado de Correos 10.140, 28080 MADRID.
• En calquera das formas previstas no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de octubre, do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Publicas
• As solicitudes das persoas residentes en Alemaña, Andorra, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Holanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suíza, poderanse tramitar nas correspondentes Consellerías de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Máis información
• No teléfono 912 667 713 IMSERSO. De luns a venres
• Por medio da caixa de correo electrónico do Programa de Turismo do Imserso ou a través do formulario de contacto, pódese solicitar información ou facer chegar consultas.

Prazo de presentación
Do 22 de xuño ao 10 de xullo de 2026.

Comercialización e información
Prevese que o programa de Turismo do Imserso comece a súa comercialización nos meses de setembro ou outubro de 2026. Para iso, e con carácter previo, as persoas que fosen acreditadas para participar nas viaxes, recibirán nos seus domicilios a súa carta de acreditación, na que se sinalará a partir de que día poderán reservar as viaxes correspondentes á tempada de turismo 2026-2027

+ información

Preguntas frecuentes

Vídeo Cómo cumprimentar o formulario 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}