Música e patrimonio á luz das candeas
A primeira das citas terá lugar o sábado 8 de agosto, a partir das 22:00 horas, coa celebración dunha nova edición da Noite Velada. Esta iniciativa, organizada polo Concello de Boqueixón coa colaboración da Deputación da Coruña, busca aunar tradición, cultura e patrimonio nunha atmosfera única, iluminando a ponte histórica e a súa contorna coa luz de tebras e candeas.
A animación musical da velada correrá a cargo das agrupacións Raeira, Muxicas da Silveira e Son de Gaita. Ademais, para comodidade das persoas asistentes, a área contará con postos de bebida durante toda a noite.