O Concello de Boqueixón convoca unha nova edición dos seus cursos de inglés, que terán lugar de outubro a xuño no CPI Antonio Orza Couto. Están dirixidos a alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria e mocidade a partir de 16 anos, grupos A2, B1 e B2.
O período de inscrición xeral, tanto para novo alumnado como para alumnado matriculado vai dende o día 10 ata o 31 de agosto
Con preferencia de matricula ás persoas que cursaran no ano 2025-2026.
Descarga aquí a Ficha de inscrición, cúbrea e mándaa ao email: omixboqueixon@gmail.com
Máis información: 981 513 115
Adxuntos
- ficha inglés 2026-27 (183 kB)