O Concello de Boqueixón publica os resultados definitivos acadados polas persoas aspirantes no proceso selectivo PEL 2026. Selecciónase un peón/peoa de obras públicas por un período de 3 meses (90% de xornada laboral). Exp: 2026/E001/000004.
Non se presentaron alegacións no prazo establecido dos resultados provisionais. A persoa aspirante proposta ten 3 días hábiles, contados a partir da publicación deste listado no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica municipal, para presentar a documentación precisa.
O prazo para interpoñer recurso de reposición é dun mes a contar dende o día seguinte á recepción da notificación.