Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

Abertas as inscricións nos cursos de Maiores Activos 2026-2027

8 de setembro de 2026

O Concello de Boqueixón abre as inscricións nos cursos de Mente Activa e Novas Tecnoloxías que terán lugar dende outubro de 2026 a xuño 2027:

Novas tecnoloxías:

Cursos prácticos de alfabetización dixital para aprender a manexar o ordenador persoal e o teléfono móbil no día a día. Os cursos de informática e móbil terán lugar:

Os martes no Forte:

  • Nivel I (sen coñecementos previos): 17:30 a 19:00 h
  • Nivel II (con coñecementos previos): 16:00 a 17:30 h.

Os venres en Lestedo:

  • Nivel II (con coñecementos previos): 10:00 a 11:30 h

É imprescindible ter ordenador portátil e móbil propios. Prezo 15€ ao mes.

Mente activa:

Obradoiros de memoria deseñados especificamente para exercitar a mente e previr o deterioro cognitivo.

Os venres en Lestedo de 11:30 a 13:00 h.

Prezo 15€ ao mes.

Máis información: no Departamento de Cultura 981 513 115.

Inscricións: Descarga a Ficha inscrición maiores activos.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo