Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello

Lestedo

Atópase esta parroquia na ladeira sudoeste do Pico Sacro, cruzada pola N-525 Santiago-Ourense. Protexida do norte é unha terra moi fértil onde predominan as producións agrarias e gandeiras. Está en gran expansión o comercio, a hostalaría, o sector textil e a construción. Nesta parroquia atópase desde hai máis de cincuenta anos o cuartel da Garda Civil con xurisdición sobre os concellos de Boqueixón e Vedra. Nos seus 6,5 Km2 viven 1040 persoas, distribuídas polas seguintes unidades de poboación: Ardarís, Cachosenande, Cusanca, Lestedo, Milleirós, Pazos, A Picota, Ramil, Rubial, Troitomil e Vilar.

Igrexa Parroquial de Santa María de Lestedo

Igrexa de Lestedo
 
 

No lugar de Rubial estaba a antiga igrexa parroquial. Tratábase dun templo de reducidas dimensións de estilo románico que, debido ao seu estado e necesidade de reconstrución, levou á decisión de construír un novo a principios do século pasado. O 2 de xuño de 1915 comenzan as obras seguindo con rigor os planos trazados polo arquitecto compostelán Jesús López de Rego. Este edificio, con planta de cruz latina e grandes vidreiras, encádrase dentro do estilo neogótico, caracterizado por un retorno a modelos ideais do pasado buscando a perfección construtiva, conxugando a pedra e o cristal. Destaca deste templo a súa acusada verticalidade e elevada altura así como o emprego de contrafortes, arcos apuntados, elevados piares, bóvedas de cruzaría e a torre na súa fachada como elementos construtivos.
Sinalar que a torre rematouse de construír en 1990, despois de máis de 5 décadas de abandono das obras. Así mesmo, en 2005, inauguráronse as novas vidreiras de cores, con imaxinaría relixiosa e relacionada coa parroquia, que substituíron aos antigos cristais brancos.
· Retablos: Retablo Maior, Retablo da Nosa Señora do Carme e o Retablo de San Roque.
· Imaxinaría: Asunción de María, Sagrado Corazón de Xesús, San Blas, San Xosé, San Xoán Bautista, San Antonio de Padua, San Pedro Nolasco, Nosa Señora da Merced, San Ramón Nonato, San Serapio, Inmaculada Concepción, Cristo Crucificado, Nosa Señora do Carme, Cristo atado á columna, Nosa Señora das Dores, San Roque e o Anxo custodio.

Parroquia de Lestedo

Algunha das vidreiras da igrexa parroquial de Lestedo, que foron inauguradas en 2005

Capela da Nosa Señora de Lourdes

En 1883 comezan as obras de construción desta capela situada no campo da feira; desta forma facilitábase a asistencia aos cultos relixiosos os días de mercado, pois a igrexa parroquial estaba lonxe. Tanto a súa construción interior con planta de salón como a súa fachada exterior cunha sinxela ventá circular e espadana, seguen as liñas clásicas e sobrias do historicismo decimonónico.
· Retablo: Retablo Maior.
· Imaxinaría: Nosa Señora de Lourdes, Inmaculada Concepción, San Francisco de Asís, Santa Margarida, San Antonio de Padua, San Sebastián e San Xosé.

Parroquia de Lestedo

Campo da feira de Lestedo, onde cada primeiro e terceiro domingo de cada mes se celebra unha concorrida feira-mercado

Cruceiro de Rubial

Atópase dentro dunha finca privada. Plataforma troncocónica de cachotaría con pedestal e varal circulares. Capitel cuadrangular con cabezas de anxo con ás e cruz circular leñosa con nós. No anverso, o Crucificado, e no reverso a Virxe Dolorosa. Todo en granito.

Cruceiro en Lestedo

Cruceiro de Pazos

 

Realizado en granito, ten plataforma cuadrangular e pedestal pentagonal con caveira e tibias en X. Varal e cruz circular leñoso con nós. Capitel cuadrangular con vértices chafranados, cabezas de anxo e símbolos da paixón. No anverso, o Crucificado, e no reverso, a Virxe Dolorosa.

Cruceiro da Feira

Realizado en granito, ten cruz cuadrangular coas imaxes de Cristo e da Virxe en actitude orante. Capitel corintio con cabezas de anxo con ás. Varal e pedestal octogonal moldurado con inscrición: 1907.

Cruceiro de Castrelo

Plataforma cuadrangular e pedestal cúbico rematado cun bocel. Cruz circular leñosa con nós que repousa sobre un varal octogonal e un capitel cuadrangular moldurado. No anverso, o Crucificado e no reverso, a Virxe Dolorosa. Todo en granito.

Cruceiro dePazos

Realizado en granito, ten a cruz circular, leñosa e con nós e coas imaxes de Cristo e a Virxe en actitude de orar; capitel cuadrangular con cabezas de anxos con ás e símbolos de paixón: martelo, tenaces, lanzas…; o fuste é circular, leñoso e con nós; a base é pentagonal con imaxe do esqueleto da cabeza, cranio e ósos da cara descarnados así como tibias en X; ápoiase sobre tres chanzos de planta cuadrangular.

Pazo de Ramil

Casa en Lestedo
 
 
Fervenza de Ramil

Forma esta caída o río Pontillón ao seu paso pola aldea de Ramil, inmersa nun frondoso e interesante bosque de ribeira.

Espectacular fervenza que forma o río Pereiro ao seu paso por Ramil

Centro de interpretación do Pico Sacro

Está situado aos pés do Pico Sacro, na aldea de Cachosenande , a escasos metros da Via da Prata. Este centro permite achegarnos ao coñecemento  de todos os aspectos relacionados co Pico: historia, lendas, composición xeolóxica… No ano 2008 fíxose unha nova musealización do centro, que conta actualmente con paneis explicativos, unha sala de exposición de fotografías e outra cunha maqueta e un vídeo no que se recolle a cultura da zona e o significado do Pico Sacro.

O Pico Sacro

O Pico Sacro sitúase no Concello de Boqueixón, entre as parroquias de Lestedo e A Granxa.

Ten unha altitude de 530 metros sobre o nivel do mar, o que permite unha das vistas panorámicas de maior extensión de Galicia.

O Pico Sacro ou “Monte Sagrado”, é  posiblemente o lugar de Galicia que concentra tantas historias reais coma mitolóxicas e lendarias, sendo unha das montañas máis míticas e coñecidas de Galicia. Airoso e dominante sobre os vales do curso medio do Río Ulla, fonte de innumerables lendas e contos populares, este monte foi venerado polos habitantes da comarca antes e despois do cristianismo, cumprindo un papel esencial no mito do traslado do corpo do Apóstolo Santiago.

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}