
A Casa da Cultura de Camporrapado acolleu na tarde de onte unha extraordinaria actuación do grupo de teatro da Asociación Cultural Charamela coa súa obra “Vaiche boa…”.
Esta comedia, que conta a odisea das fillas xemelgas de Bartola á hora de atopar mozos, fixo as delicias do público asistente.
Foron moitos os vecinos e veciñas de Boqueixón os que decidiron achegarse ata a Silveira a gozar dunha tarde de domingo do máis entretida.


