Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, CULTURA, DEPORTES
  • Publicada o 7 mayo 2018

O Concello de Boqueixón acollerá a saída da V Carreira Camiño das Letras

PresentacionCarreiraDasLetrasBoqueixon

O Concello de Boqueixón acollerá a saída da V Carreira Camiño das Letras, que terá lugar o próximo 17 de maio, co gallo do Día das Letras Galegas. A cita presentouse esta mañá na Cidade da Cultura e nela participou o alcalde, Manuel Fernández Munín.

O acto tamén contou coa presenza dos secretarios xerais de Cultura, Anxo Lorenzo, e de Política Lingüística, Valentín García; o delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro; a concelleira de Xuventude, Deportes e Benestar Animal do Concello de Santiago, Noa Morales; a responsable da firma Xurdir, que organiza o evento, Carmen Vázquez; a directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura, María Pereira; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o padriño da carreira, o actor e presentador Roberto Vilar, e a deportista Esther Pedrosa.

Na súa intervención, Fernández Munín agradeceu á organización “que pensase no noso concello para acoller esta V Carreira Camiño das Letras. Para nós é un privilexio e unha honra que o Pico Sacro, enclave de grande importancia para a cultura xacobea, sexa o punto de partida deste itinerario”. O percorrido levará aos participantes dende o emblemático Monte Sagrado ata a Cidade da Cultura pasando polos camiños da Vía da Prata ao seu paso polo municipio. “Os numerosos participantes terán a oportunidade de coñecer de primeira man o amplo patrimonio natural e cultural de Boqueixón”, concluíu o rexedor, quen animou a todos os asistentes a aproveitar esta xornada en torno ao deporte para realizar unha visita ao concello.

A V Carreira Camiño das Letras terá lugar o próximo xoves 17 de maio e constará de dunha proba absoluta (coas categorías Sub 23-20, Senior, Master Masculino A, B e C, e Master Feminino A e B), ademais de catro dentro das categorías para menores de idade. No caso da primeira sección, o percorrido é de 15 quilómetros ao longo da Ruta de Prata ata a Cidade da Cultura. A proba dará comezo ás 10.00 horas e os participantes sairán dos arredores do Pico Sacro.

Nas categorías para menores de idade estableceranse distintos circuitos. Ás 10.45 horas está prevista a sección de Cadete-Xuvenil (Sub 16 e Sub 18), cun percorrido de tres quilómetros aproximadamente. Ás 11.00 horas participará a cativada da categoría Alevín-Infantil (Sub 12 e Sub 14), de 1,5 quilómetros, e ás 11.45 horas, a de Pequerrechos (nados e nadas entre 2009 e 2013), de 700 metros de distancia. Os Pitufos (nados e nadas no 2014 e posteriores) pechan as categorías infantís, cun percorrido de 200 metros. Esta última proba dará comezo ás 12.00 horas.

As inscricións deberán realizarse a través da web www.carreirasgalegas.com. Tamén se poderá consultar nela toda a información relativa ao regulamento desta proba deportiva.

Programa de voluntariado

O Concello de Boqueixón, que colabora moi estreitamente coa organización da V Carreira Camiño das Letras, vén de poñer en marcha un programa especial de voluntariado. Neste senso, Manuel Fernández Munín indica que “creamos unha acción específica para captar voluntarios para colaborar no bo desenvolvemento da proba. Entre as súas tarefas atópase o marcaxe do percorrido para garantir a seguridade dos corredores”.

Todas as persoas que se animen a colaborar co Concello de Boqueixón nestas accións de voluntariado recibirán diferentes agasallos e poderán participar nunha degustación de produtos de Ternera Gallega. As solicitudes deberanse realizar no ximnasio municipal (636 731 721) ou chamando a Xurdir (673 848 593).

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}