Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Xuventude (OMIX)

Novo prazo de presentación de solicitudes para o programa Galeuropa: 1 praza para Sicilia (Italia)

17 de agosto de 2018

A Agrupación do Val do Ulla -Concellos de Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces) vén de abrir un novo prazo de solicitudes para o programa Galeuropa. Neste caso, ofértase unha praza para Sicilia (Italia) para unha estancia de tres meses. As solicitudes deberanse presentar entre o 17 e o 24 de agosto, ambos inclusive. A ficha de inscrición podes descargala aquí. Máis información: galeuropavaldoulla@gmail.com ou nos teléfonos 981 513 115, 986 582 017, 669 450 801.

Requisitos:

Estar inscritos/as e figurar como beneficiarios/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Forma de presentación de solicitudes:

Mediante e-mail  galeuropavaldoulla@gmail.com

 

Documentación a presentar:

  • Instancia (ficha de inscrición)
  • Xunto coa seguinte documentación requirida: copia do DNI, certificado de garantía xuvenil, currículo europeo en galego e en inglés, xustificante de ser vítima de violencia de xénero ou persoa en risco de exclusión social, se é o caso.

 

O novo prazo de presentación de solicitudes:

Dende o 17 de agosto ata o 24 de agosto inclusive.

 

Mobilidade ofertada:

– Italia Sicilia 1praza

 

Duración da mobilidade:  3 meses

 

Mail de contacto: galeuropavaldoulla@gmail.com

Teléfonos de contacto : 981513115, 986582017, 669450801

Máis información:

www.boqueixon.gal   www.concellodevedra.com  www.viladecruces.gal

Compartir
WhatsApp Facebook Correo