Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Servizos sociais

A Escola Infantil Raíña Lupa de Boqueixón abrirá do 1 ao 30 de abril o prazo de matriculación para o vindeiro curso escolar

12 de abril de 2019

EIMRainhaLupaBoqueixon

A Escola Infantil Raíña Lupa de Boqueixón abrirá o vindeiro luns 1 de abril o prazo de solicitudes para novos ingresos ou renovacións de praza. Os veciños e veciñas terán ata o 30 de abril para cumprimentar e entregar a documentación precisa.

A EIM Raíña Lupa de Boqueixón disporá o vindeiro curso dun total de 53 prazas divididas en catro aulas. O persoal deste centro educativo está composto por cunha directora, 4 educadoras e persoal de apoio e limpeza.

Para optar ás prazas, os solicitantes deben estar empradoados/as no termo municipal. A idade mínima é de 3 meses na data de ingreso e a máxima é de menos de 3 anos a 31 de decembro de 2019.

A documentación a achegar coa solicitude é a seguinte:

  • Libro de familia.
  • DNI da nai, pai, titora ou titor.
  • Certificado de empradoamento e convivencia.
  • Última declaración do IRPF (2017) ou certificación negativa de Facenda de non tela presentada; se é o caso, certificación de prestación económica para desempregados do INEM.
  • Última nómina, e se é posible, contratos de traballo. No caso de ser autónomo, fotocopia do último recibo de pago do banco.
  • Nos casos de deficiencias ou enfermidades alegadas polos membros da unidade familiar, certificado médico acreditativo.
  • No caso de minusvalías físicas, psíquicas ou sensoriais, informe de grao de minusvalía, así como da necesidade de integración.
  • Documentación acreditativa de incidencias (separación, abandono do fogar, etc…).
  • Informe de Servizos Sociais nos supostos que sexas necesarios.

A solicitude e a documentación deberán entregarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 981 513 106. Tamén se pode consultar o bando correspondente facendo clic aquí ou no arquivo adxunto.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo