Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, OMIX
  • Publicada o 16 abril 2019

Os Concellos de Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces presentan o programa de dinamización xuvenil ‘Val do Ulla’

PresentaciónValDoUlla

Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces ofreceron unha presentación do programa de dinamización xuvenil Val do Ulla. O acto, que tivo lugar no Centro de Formación Municipal de Vedra, contou coa asistencia dos alcaldes dos tres Concellos, Manuel Fernández Munín, Carlos Martínez Carrillo e Jesús Otero, respectivamente. Este programa conxunto ten como principal obxectivo promover na xuventude do Val do Ulla a adquisición das competencias necesarias para acadar un desenvolvemento persoal, social e profesional adaptado á súa contorna, ás súas necesidades e aos seus intereses.

As actividades comezaron xa entre o pasado mes e este coa posta en marcha de catro obradoiros. Durante o presente ano, desenvolveranse arredor de medio cento de cursos e obradoiros gratuítos dirixidos á mocidade de entre 14 e 30 anos dos tres municipios participantes nesta iniciativa conxunta. No arquivo adxunto (ou premendo aquí) podes consultar toda a oferta formativa.

O programa de dinamización xuvenil Val do Ulla levarase a cabo a través do reforzo das canles de comunicación e información entre a mocidade poñendo en marcha diversas accións centradas en cinco proxectos específicos:

  • Posta a punto: accións formativas para a adquisición de competencias para o emprendemento creativo. O seu obxectivo é dotar de ferramentas á mocidade para o seu crecemento persoal e profesional. Ao mesmo tempo, permite o seu empoderamento e mellora as habilidades básicas interdisciplinares en materia de emprego.
  • Punto Crea: propostas para crear un espazo de reflexión sobre as experiencias formativas do programa e fomentar a creación de ideas no eido do emprendemento rural creativo.
  • Punto a Punto: actividades coas que se busca dar respostas formativas aos potenciais xacementos de emprego no territorio vencellados aos ámbitos do turismo (co río Ulla como eixo vertebrador), o eido sociosanitario, o acompañamento social ou nas TICs.
  • Punto por Punto: programa de formación que pretende educar en emoción e en valores nos diferentes centros de ensino. Trátase dun proxecto transversal que pretende facer de complemento á formación que recibe a mocidade, favorecendo unha introspección que lles poida servir no seu día a día, en diferentes contextos e realidades.
  • Punto Info: iniciativa que avoga pola difusión, posta en coñecemento e en valor de todas as accións anteriormente indicadas. Este último punto corresponde ao persoal dos Concellos de Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces.

A mocidade interesada en obter máis información, pódese dirixir a calquera das OMIX dos Concellos de Boqueixón (omixboqueixon@gmail.com // 981 513 115); de Vedra (xuventude@concellodevedra.com // 981 814 691) e Vila de Cruces (concellodeviladecruces@gmail.com // 986 582 017).

Adxuntos

  • ObradoirosCursosValDoUlla (4 MB)
  • ObradoirosCursosValDoUlla (4 MB)
  • ObradoirosCursosValDoUlla (4 MB)
  • ObradoirosCursosValDoUlla (4 MB)

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}